Carta de Vermuts
Vermouth, vermut, vermú…máis alá do nome elixido – todos son válidos – para esta bebida que vive actualmente un bonito rexurdir, débese saber, principalmente, que se trata dun viño aromatizado.
Na actualidade hai moitas marcas de vermut e cada unha segue un proceso similar en canto ao producto final. Pero moi diferente e personal á hora da adición de botánicos, uso de viños base, destilados engadidos e crianza en madeira ou botas… de aí que cada vermut sexa distinto.
O vermú é a excusa perfecta para un bo rato de lecer e sen lugar a dúbidas, o rei do aperitivo.