page contents

A túa casa desde 1927

A Nosa Carta

CARTA DE COMIDA

Goza das nosas carnes, embutidos, ensaladas, conservas e ata comida vegana

CARTA DE VIÑOS

A nosa extensa carta de viños tintos, brancos e rosados será quen de convencer o teu padal

CARTA DE CERVEXAS

Temos moito amor polas cervexas «comerciais» e artesanas. Unha gran variedade de lúpulos agarda por ti

CARTA DE VERMUTS

A bebida do momento non podía ser allea á nosa carta. Velaquí unha amplísima variedade

CARTA DE POSTRES

Saborea un dulce final cos nosos postres caseiros. Deliciosos postres artesanos, frescos, galegos e ata venezolanos

A NOSA HISTORIA

A Casa da Triga

A Casa da Triga é un enlace directo coa historia de Ponteareas. Corría o ano 1927 e abría (no baixo do local que ocupamos actualmente) unha taberna das de sempre, das que tiña de todo!!! Vendíanse conservas, xabón de lagarto, aceite e viño a granel, tabaco, fariña, legumes e moitas cousas máis.
Pero sobre todo era un punto de encontro, no que tomar unha boa taza de viño da casa ou unha cervexa acompañados das tapas e pratos da cociña clásica destes lares.

Despois de que no ano 1986 pechase a histórica taberna que ocupaba o baixo e que tiña este local actual destinado a salón para comidas, reabriu alá polo ano 1995 a Nova Casa da Triga.

Logo de pasar por varias xerencias, desde o 2016 está en mans dun rapaz de Pías que logrou recuperar parte da historia e do espíritu que acompaña a este recuncho da Praza Maior, sendo ese lugar no que disfrutar comendo, bebendo e barrenando.

Pandilla na Casa da Triga alá pola década dos 60  ·  Foto Souto

Non somos unha VIÑOTECA, pero temos moitos viños. Por copa, por botella ou para levar. Non somos unha VERMUTERÍA, pero temos moitos “vermuts”.
Non somos unha XAMONERÍA, pero temos bo xamón e queixos. Non somos unha TENDA DE CONSERVAS, pero temos as mellores para que consumas aquí ou merques para levar. Non somos un LOCAL VEGANO, pero temos varias opcións para os que siguen esa filosofía de vida. Non somos unha TAPERÍA RESTAURANTE pero poderás xantar ou cear con nós como na casa.

só o mellor

Ingredientes frescos, amor na cociña

Gústanos o que facemos, facemos o que nos gusta. Tanto ten a orde das palabras sempre e cando se vexan acompañadas dunha especial atención nos ingredientes a cociñar

Ofertas na tenda

Cervexas Artesanas

Lévate as nosas cervexas a túa casa ou sorprende cun agasallo

Disfruta dos nosos packs de cervexas artesanas para levar. Precios moi especiais para disfrutar na túa casa. Podes mezclar as marcas como prefiras. Faite con el!

Os nosos postres na túa casa

Disfruta da ampla variedade de sabores dos nosos postres 100% caseiros. Ademais de poder disfrutalos aquí, tamén poderás levalos para casa.

Chouriciños en conserva «Marisco de Cortello»

6,80€

Estes chouriciñoas elabóranse con carne magra de porco de primeira calidade, pementón, viño albariño e aceite de oliva. É o aperitivo perfecto, só hai que abrir a lata e listo! 

Ampla bodega

Prezos especiais por caixa

Temos unha ampla bodega con prezos especiais para levar ben sexa por botella ou caixa

Sidra de Hielo

16,00€

Coñécela? Probáchela? Un produto moi especial que se fai en España froito dunha tradición canadiense. Disfruta o elixir de 20 mazás

Foie de Bacallao

3,20€

Un produto diferente que podes probar da nosa carta ou tamén levalo á túa casa por un atractivo prezo.

non te perdas nada

A música, o noso broche

Anunciamos con certa frecuencia nas nosas redes sociais actuacións musicais en directo para acompañar a túa cervexa, viño ou cea. 

RESERVAR
RESERVAS
RESERVAS
Ola! Unha reserva? Cóntanos!