A túa casa desde 1927
A Nosa Carta
CARTA DE COMIDA
Goza das nosas carnes, embutidos, ensaladas, conservas e ata comida vegana
CARTA DE VIÑOS
A nosa extensa carta de viños tintos, brancos e rosados será quen de convencer o teu padal
CARTA DE CERVEXAS
Temos moito amor polas cervexas «comerciais» e artesanas. Unha gran variedade de lúpulos agarda por ti
CARTA DE VERMUTS
A bebida do momento non podía ser allea á nosa carta. Velaquí unha amplísima variedade
CARTA DE POSTRES
Saborea un dulce final cos nosos postres caseiros. Deliciosos postres artesanos, frescos, galegos e ata venezolanos
A NOSA HISTORIA
A Casa da Triga
A Casa da Triga é un enlace directo coa historia de Ponteareas. Corría o ano 1927 e abría (no baixo do local que ocupamos actualmente) unha taberna das de sempre, das que tiña de todo!!! Vendíanse conservas, xabón de lagarto, aceite e viño a granel, tabaco, fariña, legumes e moitas cousas máis.
Pero sobre todo era un punto de encontro, no que tomar unha boa taza de viño da casa ou unha cervexa acompañados das tapas e pratos da cociña clásica destes lares.
Despois de que no ano 1986 pechase a histórica taberna que ocupaba o baixo e que tiña este local actual destinado a salón para comidas, reabriu alá polo ano 1995 a Nova Casa da Triga.
Logo de pasar por varias xerencias, desde o 2016 está en mans dun rapaz de Pías que logrou recuperar parte da historia e do espíritu que acompaña a este recuncho da Praza Maior, sendo ese lugar no que disfrutar comendo, bebendo e barrenando.

Pandilla na Casa da Triga alá pola década dos 60 · Foto Souto

Non somos unha VIÑOTECA, pero temos moitos viños. Por copa, por botella ou para levar. Non somos unha VERMUTERÍA, pero temos moitos “vermuts”.
Non somos unha XAMONERÍA, pero temos bo xamón e queixos. Non somos unha TENDA DE CONSERVAS, pero temos as mellores para que consumas aquí ou merques para levar. Non somos un LOCAL VEGANO, pero temos varias opcións para os que siguen esa filosofía de vida. Non somos unha TAPERÍA RESTAURANTE pero poderás xantar ou cear con nós como na casa.

só o mellor
Ingredientes frescos, amor na cociña
Gústanos o que facemos, facemos o que nos gusta. Tanto ten a orde das palabras sempre e cando se vexan acompañadas dunha especial atención nos ingredientes a cociñar

Ofertas na tenda
Cervexas Artesanas
Lévate as nosas cervexas a túa casa ou sorprende cun agasallo
Disfruta dos nosos packs de cervexas artesanas para levar. Precios moi especiais para disfrutar na túa casa. Podes mezclar as marcas como prefiras. Faite con el!
Amplísima variedade de vermuts
Disfruta da amplísima variedade de vermutsaseiros. O vermú é a excusa perfecta para un bo rato de lecer e sen lugar a dúbidas, o rei do aperitivo.
Conservas e licores para levar
Temos unha selección de conservas e licores que, ademáis de poder degustar na nosa casa, tamén podes levar para a túa a prezos moi especiais
Ampla bodega
Viños para levar
Temos unha ampla bodega con prezos especiais para levar ben sexa por botella ou caixa
non te perdas nada
A música, o noso broche
Anunciamos con certa frecuencia nas nosas redes sociais actuacións musicais en directo para acompañar a túa cervexa, viño ou cea.